Por segundo ano consecutivo, os estudantes do CFGS de Fotografía da EASD Ramón Falcón de Lugo tiveron a oportunidade de enfrontarse a unha experiencia moi similar ás que lles agardan no mundo profesional. Todo grazas a un proxecto no que cooperamos co IES Muralla Romana, concretamente co alumnado da área de imaxe persoal. Durante unhas horas, as instalacións da nosa escola albergaron unha auténtica pasarela de moda.

Así, mentres os estudantes do instituto se encargaron da maquillaxe e o peiteado dos modelos, os seus compañeiros da EASD Ramón Falcón asumiron o traballo fotográfico. Foi a culminación ás tarefas preparatorias de varias semanas, nas que uns e outros tiveron que organizar toda a planificación do evento. Como sempre, apostamos por aprender facendo, poñendo a proba sobre o terreo os coñecementos que adquirimos na aula.

Podes ler máis sobre este proxecto en El Progreso.