Durante a mañá do pasado 3 de decembro, un grupo de estudantes do segundo curso de Deseño de Interiores realizou unha visita a Maderas Besteiro. Esta actividade encádrase no contexto do proxecto de miniempresas educativas en centros públicos. Neste programa colaboran os departamentos de Ensinanzas Profesionais de Produto, Deseño de Interiores e Deseño Gráfico da EASD Ramón Falcón de Lugo, así como o Ciclo Superior de Deseño y Amoblamento da Fundación San Calixto.

A visita a Maderas Besteiro permitiunos entender o alcance dos servizos asociados á mecanización e transformación de diversos produtos de madeira. Comprobamos o resultado do tratamento térmico da madeira maciza e puidemos coñecer a tecnoloxía con que conta esta empresa para realizar diversas tarefas: fabricación de estruturas de madeira laminada, traballos de serrado, cepillado e machifemiado, moldurados, ensamblaxes…