Vimos de coñecer os gañadores da última edición do XIV Premio ‘Luís Ksado’ de Fotografía. Os galardonados foron o salmantino Javier Arcenillas e o lucense Alejandro Real, antigo alumno da EASD Ramón Falcón de Lugo.

As fotografías presentadas a este certame forman parte do seu Proxecto Integrado ‘Fillos de Breogán’, que como el mesmo describe…

… “é unha viaxe ao pasado a través dos rostros de persoas anónimas de Galicia que posúen uns rasgos característicos dos pobos do centro e norte de Europa que habitaron estas terras hai máis de mil cincocentos anos. Pel clara, cabelo louro ou ollos azuis son algúns destes trazos dun fenotipo que se conserva especialmente nas zonas máis illadas do rural, onde a endogamia foi máis frecuente. Unha serie de retratos nos que podemos ver máis que uns rostros. Retratos que convidan a reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da raza humana, pero, sobre todo, que convidan a penetrar no interior de cada un dos retratados a través da súa mirada”.

Parabéns, Alejandro!