Adrián López Val, alumno de terceiro curso de Deseño Gráfico, resultou gañador do V Concurso de Postais Multimedia de Nadal. O seu traballo, premiado con 125€, é o que podes ver baixo estas liñas.

A exposición cos traballos participantes nos Concursos de Postais permanecerá aberta ao público na EASD Ramón Falcón de Lugo ata o comezo das próximas vacacións de Nadal.