O final dun curso académico non significa o mesmo para todo o mundo. Para algúns supón un punto seguido, unha pausa antes de retomar o camiño no curso seguinte. Para outros, porén, é un punto aparte. Cada verán despedimos a compañeiros e compañeiras que completan os seus estudos e cerran unha etapa.

Este venres 28 de xuño celebraremos o acto de graduación do alumnado de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico. Ás 19:00 abriremos as portas do noso salón de actos, para proceder á entrega de diplomas desde as 19:30. A continuación compartiremos un ágape na cafetería da escola.

O evento servirá para acompañar aos nosos novos graduados no peche dun ciclo importante na súa traxectoria académica. E por suposto, para desexarlles a mellor das fortunas na etapa que cada un deles está a piques de iniciar.