A do pasado venres foi unha tarde moi especial. O Salón de Actos da EASD Ramón Falcón de Lugo acolleu un evento que tiñamos moitísimas ganas de celebrar: o acto de graduación dos nosos estudantes de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

O alumnado destas dúas titulacións contou co mellor acompañamento para poñer a guinda ao seu percorrido académico. A madriña de promoción de Deseño Gráfico foi María Vázquez, profesora na nosa escola; mentres que por Deseño de Interiores contamos co interiorista Iván Cotado.

Tralos discursos, a entrega de diplomas, as apertas e as fotos, brindamos xuntos pola etapa que acaba e a nova etapa que comeza.

Parabéns a tod@s!