Se pensaches en iniciar un Ciclo Formativo de Grao Superior ou Medio no curso 2018/19 na EASD Ramón Falcón de Lugo, toma nota! O prazo de inscrición nas probas de acceso a Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Serigrafía Artística xa está aberto.

Diario Oficial de Galicia – Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018/19.

 

ACCESO AO CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO DE SERIGRAFÍA ARTÍSTICA

  • Prazo de inscrición nas probas de acceso: ata o 6 de setembro.
  • Proba de madureza: luns 10 de setembro de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 na EASD Ramón Falcón de Lugo.
  • Proba específica: venres 14 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 na EASD Ramón Falcón de Lugo.

Máis información sobre o acceso ao Ciclo Formativo de Grao Medio de Serigrafía Artística

 

ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (Fotografía, Cerámica Artística e Gravado) – CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

  • Prazo de inscrición nas probas de acceso: ata o 7 de setembro.
  • Proba específica: martes 11 de setembro de 10:00 a 11:00, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Máis información sobre o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior