Queres estudar Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores na EASD Ramón Falcón de Lugo? O prazo de inscrición nas probas de acceso para o curso 2018/19 xa está aberto.

Se non tes título de bacharelato, deberás realizar unha proba de madureza. Tes ata o 7 de xuño para inscribirte na mesma. A proba terá lugar o 15 de xuño ás 09:00 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

A inscrición para a proba específica de acceso ás Ensinanzas Superiores de Deseño exténdese ata o 25 de xuño. O exame será o 3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña. A primeira parte da proba realizarase entre as 11:00 e as 13:00, mentres que a segunda terá lugar entre as 16:00 e as 22:00.

 

Máis información sobre o acceso a Deseño Gráfico

Máis información sobre o acceso a Deseño de Interiores