O xurado internacional da Muestra de estudiantes / bid_est 2019 (8º Encuentro BID) decidiu outorgar a Mención Deseño Gráfico e Comunicación Audiovisual ao número 8 da Revista NM, escollida entre todas as propostas presentadas polos centros formativos inscritos.

Así, este fantástico traballo ocupará un lugar destacado na exposición que se realizará na Central de Deseño de Matadero Madrid, así como na galería online da web do 8º Encuentro BID. Ademais, os autores recibirán o selo correspondente ao galardón e un certificado. A inauguración da mostra e a entrega de premios será o 20 de novembro.

Queremos felicitar aos estudantes autores do traballo, xunto ao profesor José Antonio Cruz Lago:

– Maria Lagaron Real
– Raquel Aguirre González
– Breogán Alamancos Millán
– Brais Rodríguez Zárate
– Viviana Castrillón Villamarzo
– Cecilia Fernández Blanco
– Ana Gómez Sastre
– Rebeca Fernández Vázquez
– Inca Rábade Roca
– Jessica Mera