A Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia deu a coñecer, na súa resolución do pasado 11 de agosto, a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que finalizou estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia.

Entre o estudantado beneficiario está María Lagarón Real, alumna de Deseño Gráfico na EASD Ramón Falcón de Lugo.

María resultou gañadora do premio na modalidade de Deseño, que conta cunha dotación económica de 3.000€.

Desde a EASD Ramón Falcón queremos felicitar a María, non só polo premio recibido senón tamén polo traballo e o esforzo realizados durante a súa traxectoría académica.

Parabéns, María!