Despois dunhas semanas recollendo os primeiros perfís de alumnos e ex alumnos interesados, vimos de abrir a nosa bolsa de traballo. Un lugar ao que remitiremos ás empresas que con frecuencia se dirixen á escola buscando candidatos para cubrir as súas vacantes.

Se estudas ou estudaches na EASD Ramón Falcón e queres engadir o teu perfil a este directorio, aínda estás a tempo. Só tes que enviar un correo electrónico a info@escoladeartelugo.com. No asunto do email deberás escribir ‘Bolsa de traballo’, engadir a titulación que cursaras e, entre paréntese, o ano no que finalizaras os teus estudos. Escribe 2018 se estás matriculado no curso actual.

No corpo do correo deberás escribir o teu nome e apelidos, unha frase breve que defina o teu perfil profesional e, moi importante, engadir unha ligazón que permita ás empresas poñerse en contacto contigo. Pode ser a túa web persoal, o teu perfil en LinkedIn, un currículo que teñas compartido en Internet… o que prefiras.

Por exemplo:

ASUNTO: Bolsa de traballo Deseño Gráfico (2015)

Xosé Gómez Gómez
Director de Arte, especialista en campañas publicitarias
Web persoal: www.xosegomezgomez.com

Podes ver os perfís dos compañeiros que xa os enviaron na bolsa de traballo, xa publicada e aberta.