A Biblioteca da EASD Ramón Falcón volve a estar en funcionamento. Durante os últimos meses completáronse os traballos de catalogación, un proceso longo e laborioso que vén de finalizar. Deste xeito, a Biblioteca poderá funcionar a pleno rendemento xa durante o curso 2018/19.

Desde este momento invitámosche a utilizar os recursos que pon á túa disposición a Biblioteca da escola. Podes consultar a información xeral sobre os fondos e a organización das instalacións; ou ben acceder directamente ao catálogo. Por suposto, tamén podes achegarnos as túas dúbidas e propostas a través da nosa Caixa de suxestións.