Categories: Cursos

Unha das máis grandes vantaxes das carreiras artísticas e creativas é ao mesmo tempo unha das principais esixencias dos profesionais destas áreas: o periodo de formación non acaba nunca. É importante seguir adquirindo coñecementos e, cando a axenda o permite, facer cursos para continuar crecendo como profesionais. Ademais daqueles impartidos en modalidade presencial, existen plataformas online que ofrecen a posibilidade de estudar ao ritmo e nos horarios que cada un escolla.

Canto a formación online en castelán, seguro que coñeces Domestika, a maior comunidade creativa nesta lingua. Se visitas o seu apartado de cursos poderás atopar moitas opcións, nas que sempre destaca a concreción e a especialización das materias tratadas. Ademais, poderás consultar as opinións dos antigos alumnos en cada unha das propostas; e deste xeito saber se se adaptan ás túas necesidades e expectativas.

Por exemplo, un dos máis exitosos na sección dedicada ao deseño é un curso de ‘Identidade visual handmade, impartido por Elena Sancho. Nel podes aprender a deseñar tarxetas, catálogos, packaging… prácticamente sen empregar o ordenador! Tamén recibiu moi boas avaliacións, na sección de fotografía e vídeo, o curso de ‘Fotografía de produto’ de Martí Sans, orientado a deseñadores que desexen obter as mellores imaxes dos seus proxectos.

Por suposto, existen máis plataformas interesantes para obter formación de calidade. Unha das máis prestixiosas, que require que domines o inglés, é Creative Live. Nela atoparás unha amplísima oferta de cursos: deseño web, tipografías, manexo de software… Se navegas pola zona de fotografía verás que hai recursos moi específicos, como clases sobre vodas, recén nacidos ou retratos.

E ti, seguiches algún curso online? Coñeces algunha plataforma de formación recomendable? Podes deixar un comentario e compartir o teu consello 🙂