Co curso 2014/15 xa finalizado e despedido, o verán preséntase como un momento idóneo para repasar os proxectos e traballos realizados durante os últimos meses polos alumnos da EASD Ramón Falcón. Nas vindeiras semanas compartiremos, tanto a través deste blog como das nosas contas de Facebook, Twitter e Instagram, algúns deses materiais. E comezamos ese mesmo co proxecto de fin de estudos de Lorena García Álvarez, alumna de Deseño Gráfico.

Trátase dun conto infantil titulado ‘A historia do pirata Fiz’, pensado para a súa publicación en formato impreso e tamén na modalidade dixital, cunha versión para iPad. Unha historia orixinal desde a que a autora desenvolveu un proxecto gráfico e ilustrativo, que pretende fomentar o uso do galego e a lectura entre os cativos, de forma individual ou en familia.

Neste vídeo podes ver como funcionaría a versión dixital nun iPad:

Como podes comprobar, hai referencias que van desde Maurice Sendak a Amaia Arrazola. O deseño gráfico, a ilustración, a tipografía, as formas, as cores… son detalles especialmente coidados por Lorena, que atopa deste xeito unha forma coherente de acadar os obxectivos que o seu proxecto persegue. Sen dúbida, estamos ante unha idea perfectamente pensada e executada para paliar a escasa oferta de libros infantís en galego, sobre todo en formato dixital.

Se te gustou o traballo de Lorena, isto vaite interesar: