Queres saber que facemos na EASD Ramón Falcón? Nada mellor que visitar Converxencias, unha exposición que reúne obras dos nosos estudantes durante os últimos anos. A mostra permanecerá aberta ao público ata o próximo xoves 31 de maio no refectorio do Museo Provincial de Lugo

En ‘Converxencias’ poderás contemplar traballos de todas as disciplinas que se imparten na nosa escola: Deseño Gráfico, Deseño de Interiores, Fotografía, Cerámica, Gravado e Serigrafía. Este vídeo da Fundación TIC é un aperitivo do que gozarás no Museo:

 

A entrada a ‘Converxencias’ é gratuíta. O Museo Provincial de Lugo está aberto de luns a venres de 09:00 a 21:00, os sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 e domingos e festivos de 11:00 a 14:00.

  • Foto: inauguración de ‘Converxencias’. Turismo e Cultura – Deputación de Lugo.