Como todos os anos, foron moitos os futuros talentos do deseño que se achegaron á nosa escola. Co fin de que darnos a coñecer, promovemos diferentes visitas a nosa Escola de Lugo, tanto da cidade como do resto da provincia, e non só pois por aquí estiveron alumnos das Pontes e ata de Portugal!

As visitas comezaban cunha benvida do noso vicedirector, Alejandro Carro, que lles amosaba a sala de exposicións da Escola para que puidesen ver unha selección dos traballos e dos proxectos realizados no curso anterior nos diferentes estudos que impartimos, para continuar cunha achega á biblioteca e demais aulas e obradoiros do centro.

Ademais das correspondentes explicacións e informacións sobre as opcións académicas, o mellor sempre chegaba coas actividades prácticas nos diferentes obradoiros de Serigrafía, Gravado e Cerámica, que en moitos casos nos chegaron a sorprender polo grande valor do realizado. De feito, o alumnado do IES de Burela fixo un mural con azulexos esmaltados de inspiración mariñeira deseñado por eles mesmos; ou os sinais sorprendentes e creativos para o instituto que a rapazada do IES das Pontes realizou en arxila esmaltada. Convidámosche a que botes un ollo á seguinte galería de imaxes: vaste sorprender.

Para rematar coas visitas, o alumnado recibía como obsequio diferente material informativo sobre a escola, un bolígrafo e sempre houbo un afortunado ou unha afortunada que levaba ademais algunha camiseta impresa ou algún gravado realizado nas demostracións levadas a cabo no obradoiro de Serigrafía ou Gravado.

Centros que nos visitaron

A seguir, tedes a relación de centros que nos visitaron durante este ano. Algún dos e das rapazas agardamos velos de volta como alumno na Escola 😉

Ademais, Pablo Ferreiro-Mazón, o xefe de Departamento de Ensino Superior de Deseño de Interiores, impartiu unha charla informativa no IES Sanxillao.

Grazas a todos por vir e agardámosvos moi cedo!