A Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo adheriuse á Declaración sobre a Ensinanza de Deseño, no 8º Encontro da Bienal Iberoamericana de Deseño (BID). Trátase dun documento respaldado por escolas de referencia internacional, como a Elisava de Barcelona ou o Pratt Institute de New York.

A prioridade deste encontro foi establecer un vínculo a nivel iberoamericano que se fundamente no desenvolvemento das correctas prácticas do deseño e a súa docencia.

Preme aquí para ver a Declaración sobre a Ensinanza de Deseño.