No ano 2019 cumpríronse 50 anos desde que o Goberno Español publicara no BOE o Decreto 2515/1969, de 9 de outubro, polo que se creou en Lugo unha Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de carácter estatal.

Nos plans da EASD Ramón Falcón de Lugo estaba a realización de varios actos conmemorativos durante o curso académico, para conmemorar este aniversario. As circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19 provocaron que tiveran que suspenderse. En todo caso, non queremos deixar pasar a oportunidade de repasar brevemente a historia do noso centro.

O martes 28 de outubro de 1969 publicouse no BOE o Decreto 2515/1969, de 9 de outubro, polo que se ordenaba a creación en Lugo dunha Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, de carácter estatal.

La ciudad de Lugo posee Monumentos Históricos y Artísticos de singular importancia, desde la época romana. La tradición artística se mantiene en una Escuela privada de Artes y Oficios de la Fundación «Bolaño Ribadeneira», que cuenta con ayudas económicas de la Diputación Provincial y de la Cámara de Comercio. De los estudios realizados para el desarrollo armónico de las enseñanzas en la región gallega aparece la conveniencia de crear en aquella ciudad una Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos de carácter estatal, para lo que las corporaciones provincial y local ofrecen considerables aportaciones. Dicha Escuela contribuirá notablemente a la conservación y acrecentamiento del cultivo de las artes aplicadas en una provincia que está llamada a colaborar activamente en la economía regional, que se encuentra en acelerada evolución, junto con la elevación cultural y del nivel de vida social en Galicia.

En su virtud, a propuesta del Ministerio de Educación y Ciencia, de conformidad con el informe del Consejo Nacional de Educación y previa deliberación del consejo de Ministros en su reunión del día veintiséis de septiembre de mil novecientos sesenta y nueve

DISPONGO

Artículo primero- Se crea en Lugo una Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos estatal, que se regirá por los preceptos del Decreto dos mil ciento veintisiete/mil novecientos sesenta y tres, del veinticuatro de julio, regulador de dichas enseñanzas y disposiciones complementarias.
Artículo segundo- Por el Ministerio de Hacienda se habilitarán los créditos necesarios para la efectividad de este Decreto.
Artículo tercero- El Ministerio de Educación y Ciencia adoptará las medidas precisas para ejecutar esta disposición.

Así lo dispongo por el presente Decreto, dado en Madrid a nueve de octubre de mil novecientos sesenta y nueve.

FRANCISCO FRANCO
El Ministro de Educación y Ciencia JOSÉ LUIS VILLAR PALASI

Decreto 2515/1969, de 9 de outubro

Esta Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos compartiu provisionalmente as recentemente inauguradas instalacións da Escola de Peritos Agrícolas, na Avenida de Madrid (Lugo). Pero os antecedentes da creación deste centro veñen do ano 1889, por iniciativa de don Alfonso Sotelo Bolaño e co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo. Trala morte de Sotelo Bolaño creouse a Fundación Bolaño Rivadeneira, financiada por legado do propio Sotelo Bolaño e a Deputación Provincial de Lugo.

No ano 1971 comezaron as obras do novo edificio da Escola de Artes e Oficios Artísticos de Lugo, na zona de San Fiz, nun solar doado pola Deputación. O proxecto era do arquitecto Manuel Manzano-Monís, cun orzamento inicial de 50 millóns de pesetas (uns 300.000 euros). Este proxecto foi promovido polo político lugués don Ramón Falcón Rodríguez, daquela Director Xeral de Belas Artes.

O novo edificio comezou a ocuparse a inicios de 1975 e foi inaugurado oficialmente en 1976. No ano 1982 a Escola de Artes e Oficios Artísticos ‘Ramón Falcón’ transferiuse á Xunta de Galicia.

A mediados dos oitenta quedou atrás o plan de estudos de 1963, primeiro cos chamados Plans Experimentais e despois cos plans da LOGSE, a principios dos noventa. Desde a primeira década do segundo milenio implantáronse os plans da LOE cos que finalmente chegamos ao plan de estudos actual, tanto en Ciclos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño como nos Estudos Superiores de Deseño, equivalentes a grao universitario coas directrices do Plan Boloña.

O centro pasou a chamarse Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.