Iniciamos unha serie de post para relatarmos algunhas das novidades editoriais sobre as diferentes especialidades que impartimos na Escola. Como todas as escollas, sempre haberá algunha obra que deixemos no tinteiro, mais se botas en falta algunha, podes deixala nos comentarios!

New Directions in Ceramics from Spectacle to Trace

New-Directions-Ceramics-Spectacle-Trace<Unha das editoriais de cabeceira para os ceramistas, especializasa na publicación de manuais, títulos de crítica e teoría da arte cerámica, Bloomsbury, presentou hai uns días a obra New Directions in Ceramics from Spectacle to Trace, na que atoparemos algunhas das chaves dos novos desenvolvementos teóricos da cerámica como forma de expresión.

Co texto de Jon Dahn, analiza algunhas das novas formas de creación que, non se controversia, algúns críticos consideran dentro do ámbito da cerámica, xa sexa por empregaren os materiais ou algún dos procesos creativos da cerámica.

New Directions in Ceramics from Spectacle to Trace proporciona unha panorámica xeral da cerámica actual e explora eses novos usos innovadores da práctica, a investigación de como está a ocorrer o cambio e a interpretación de obras clave de ceramistas, para alén de achegar unha relación dos principais referentes contemporáneos en canto a exposicións, publicacións periódicas e eventos se refire.

Podes facerte cunha copia de New Directions in Ceramics from Spectacle to Trace de Jon Dahn na páxina web da Editorial Bloomsbury ou en Amazon.

 

Guía de esmaltes cerámicos. Recetario

guia-esmaltes-ceramicos-linda-bloomfieldUnha das novidades editoriais máis interesantes no que vai de 2016 en España vén da man da Editorial Gustavo Gili: a Guía de esmaltes cerámicos. Recetario, de Linda Bloomfield, é unha ampla compilación que inclúe máis de 250 fórmulas para crear todo tipo de esmaltes, desde porcelánicos a vernices, pasando polos de gres e de baixa temperatura, así como algunhas receitas de pastas tradicionais e de autor.

Cada fórmula inclúe a composición, unha descrición e unha fotografía do aspecto final para percibir a súa cor e o nivel de brillo e opacidade. A guía ábrese cunha introdución aos conceptos básicos da formulación, a aplicación e o axuste dos esmaltes, e péchase cun glosario básico

Linda Bloomfield é unha destacada ceramista cunha ampla traxectoria desde 1973 e a partir de 2001 co seu propio obradoiro de cerámica onde elabora artesanalmente as súas pezas e experimenta coa creación dunha gama persoal de esmaltes.

Podes conseguir un exemplar de Guía de esmaltes cerámicos. Recetario de Linda Bloomfield na páxina web da editorial Gustavo Gili ou en Amazon.

Subversive Ceramics

Subversive-Ceramics-Claudia-ClareDe novo da man da editorial londinense Bloomsbury, Subersive Ceramics fai un repaso pola historia dunha das correntes ceramistas menos académica pero talvez máis divertida, a chamada «cerámica subversiva«.

A súa autora, Claudia Clare, explica cal é a súa intención na introdución: «a sátira sempre foi utilizada na produción de cerámica desde hai séculos. Historicamente facíase incorporando escritos e proverbios na superficie das cerámicas, con imaxes pictóricas ou como figuras satíricas. O uso da sátira na cerámica contemporánea é unha tendencia que evoluciona rapidamente, con moitos artistas subvertindo ou reformulando as formas históricas habituais para ofrecer unha perspectiva máis política e social».

Podes mercar o libro Subversive Ceramics de Claudia Clare na web de Bloomsbury ou en Amazon.

 

El oro blanco. Historia de una obsesión

oro-blanco-historia-obsesion-edmundOutra interesante novidade editorial da península é a obra de Edmund Waal, El oro blanco. Historia de una obsesión, unha obra narrativa que nos transporta pola historia da porcelana, como se comezou a comerciar e que nos fala dos segredos e das intrigas que rodeaban estas transaccións.

Durante séculos, o oro branco fascinou a empreadores, alquimistas, filósofos, artesáns e coleccionistas: todos querían descubrir a receita desta substancia tan valiosa e versátil.

Edmund Waal relátanos a historia desta obsesión a través dunha novela con moita historia ou talvez un ensaio histórico novelado sobre o material ao que lle dedicou a súa vida.

El oro blanco. Historia de una obsesión de Edmund Waal está á venda na páxina web da editorial Seix Barral e tamén en Amazon.

 

 

The Potter’s Dictionary of Materials and Techniques

9780812247923_lSe existe un libro que todo profesional dun sector ten que ter sempre a man é un dicionario específico. E se hai un dicionario específico de cerámica ese é o The Potter’s Dictionary of Materials and Techniques de Frank e Janet Hamer.

The Potter’s Dictionary of Materials and Techniques proporciona unha guía completa das ferramentas, os materiais e as técnicas da arte da cerámica. Aínda que está estruturado ao xeito dos dicionarios, isto é, do A ao Z, na realidade pode empregarse como un manual de cabeceira.

Trátase da sexta edición deste clásico entre os clásicos da cerámica, mais cunha profunda actualización tanto de entradas como de contidos.

Podes mercalo na páxina web de Bloomsbury e en Amazon.